O PSOE monfortino leva ao pleno dúas peticións veciñais

O PSOE de Monforte pediulle ao Concello o arranxo do asfalto da rúa Ferrol, situada entre a rúa Tecelanes e a rúa Veiguiña. Fíxoo a través dunha moción que se debaterá no pleno desta semana e na que se denuncia o lamentable estado do firme. O voceiro municipal socialista, José Tomé, explicou que esta petición parte dunha demanda veciñal e que o arranxo da vía ten un custe estimado de menos de 3.000 euros. Outra das mocións que os socialistas trasladan pide que se poña en servizo correctamente o saneamento das parroquias de Seoane, Gullade e A Vide antes do verán, dotacións que deberían estar en marcha desde que foron acabadas as obras hai 5 anos e nas que se investiron 750.000 euros, pero que aínda non foron regularizadas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Carlos Portomeñe, coordinador comarcal Esquerda Unida-Lugo:“Queremos cubrir o espazo político da esquerda alternativa que se bota de menos en Monforte”

Seguinte Nova

Aprobadas as obras do PEIM Rural para arranxar diversos viais en Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: