Os futuros bombeiros que prestarán servizo á comarca de Lemos fórmanse na AGASP

Máis de vinte persoas iniciaron o pasado día 21 na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) o curso de formación inicial para bombeiros de novo ingreso, destinado ao persoal que prestará servizo nos parques do Consorcio Provincial de Lugo, que conforman a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo. Son 21 aspirantes seleccionados pola empresa Natutecnica -concesionaria dos parques da zona sur de Lugo en Chantada, Monforte e Sarria- para cubrir postos de bombeiros ou de bolseiros no parque de Monforte, que se integrará nos próximos meses no Consorcio provincial de Lugo; así como nos de Chantada e Sarria, onde poderían quedar prazas libres como resultado dos movementos internos previos do persoal da empresa que xa está traballando naqueles parques e que poderían optar por Monforte.

O curso desenvolverase durante dous meses na Agasp. Os contidos que se estudarán, ademáis da meirande parte de práctica, van dende a teoría do lume; axentes e servizos extintores, primeiros auxilios; rescates, desescombros, entre outras materias como accidentes de tráfico, risco químico ou conducción e mantemento de vehñiculos en altura. Tamén recibirán clases na empresa Seganosa, e no parque de bombeiros de Chantada. O vindeiro 23 de maio, a empresa adxudicataria determinará que persoal cubrirá postos de bombeiros ou bolseiros segundo os resultados desta formación. O parque municipal de Monforte entrará en funcionamento como servizo comarcal unha vez rematado o acondicionamento das instalacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os escolares coñecen o traballo dos bombeiros en Sarria

Seguinte Nova

Líquídase o canon en Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss