Os Plans de Cooperación da Xunta beneficiarán a concellos que soliciten servizos conxuntamente

• A Xunta de Galicia ven de publicar os Plans de Cooperación dirixidos a entidades locais e a organismos públicos non locais, universidades e entidades sen ánimo de lucro. Na presentación das liñas de actuación deste Plans, a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacaron como novidade que a convocatoria deste ano primará por primeira vez a aqueles concellos limítrofes que decidan coordinar as súas solicitudes. En concreto, os gobernos municipais que soliciten servizos mancomunados verán incrementado o seu número mínimo de contratacións e contarán con puntuación adicional nos criterios de valoración.

EMPREGABILIDADE E ADECUACIÓN A CADA TERRITORIO

Segundo destacou a delegada territorial da Xunta en Lugo, o obxectivo destas dúas iniciativas, para as que se destinan un total de 65 millóns de euros, é mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas. Así, estes Plan ofrecen aos beneficiarios un posto de traballo e tamén unha experiencia profesional que “vai axudar a súa posterior inserción laboral”. Pola súa parte, a directora xeral de Emprego insistiu en que outro aspecto salientable destes proxectos é que permiten “adecuar as políticas activas de emprego ás necesidades concretas de cada territorio”.

COLECTIVOS CON DIFICULTADES

Amparo González suliñou que estes Plans ofrecen unha atención especial aos colectivos con maiores dificultades. Deste xeito, priorizan a contratación de mulleres, en especial as vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, desempregados maiores de 45 anos, persoas con discapacidade, desempregados de longa duración ou que esgotaran prestacións e subsidios, e integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social.

MÁIS DE 1.100 BENEFICIADOS EN 2011

O ano pasado, os plans de cooperación favoreceron na provincia de Lugo a máis de 1.100 persoas desempregadas e preto de 180 entidades. Segundo explicou a responsable de Promoción de Emprego autonómica, das máis de 1.100 persoas contratadas un total de 176 desenvolveron o seu labor nos Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumires).

POSIBILIDADE DE MÁIS CONTRATACIÓNS EN SERVIZOS CONXUNTOS

Este ano establécense vantaxes para os concellos que decidan coordinar as súas solicitudes. Deste xeito, cada concello conta cun mínimo de contratacións en función do seu número de habitantes. Neste caso, cando soliciten servizos mancomunados esa axuda mínima vaise ver incrementada nunha contratación adicional. Ademais, a convocatoria establece un novo criterio de valoración que outorgará 10 puntos ás solicitudes coordinadas. O segundo punto novidoso é que se establecen medidas para a vinculación efectiva entre este programas e a inserción laboral. O obxectivo é acadar unha maior implicación dos concellos e entidades na consecución dun emprego, posteriormente á participación nestes plans de cooperación. Así, primarase en posteriores convocatorias a aqueles concellos que lograran unha maior inserción laboral dos seus participantes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aforro enerxético nas explotacións gandeiras

Seguinte Nova

A Xunta destinou un millón de euros para formación de desempregados na comarca de Lemos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: