Máis de 18.000 euros na zona sur de Lugo
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, achegou unha partida económica de preto de 80.000 euros a unha vintena de talleres de reparación de vehículos ubicados en distintos concellos da provincia de Lugo.
MODERNIZACIÓN DO EQUIPAMENTO
Estas axudas, por un importe total de 79.863,78 euros representan, segundo a delegación territorial de Lugo, un importante apoio para a mellora destas empresas, ás que mediante este Plan Renove específico se lles facilita a realización de investimentos para a renovación das súas instalacións a través da modernización ou mellora do equipamento do que dispoñen.
ELEMENTOS ELECTRÓNICOS, ENTRE OUTROS
Dentro desta liña de axudas, incluíanse como investimentos subvencionables, entre outros, as dotacións para equipamentos de diagnose, analizadores de gases, liñas pre ITV, sistemas para procesos de pintura, elevadores, equipamentos de soldadura e distintos sistemas de medición electrónicos. No que atinxe á zona sur da provincia de Lugo, as entidades beneficiadas recibiron un total de 18.508,80 euros.