Podio para o Clube Ciclista Chantadino en Santander

O Clube Ciclista Chantadino ven de acadar a pasada fin de semana a terceira posición na xeral final da Volta a Santander 2012 co seu corredor Alejandro Paleo. Este corredor acadou tamén a xeral de montaña, amosando así o seu bo estado de forma neste inicio de tempada. Segundo informaron os responsables do Clube Ciclista Chantadino, esta volta constou de dúas etapas de 95 kms cada unha, na que a agrupación chantadina amosouse moi activa, con presencia sempre dalgún dos seus corredores en todas as escapadas. Na proba por equipos, o Clube Ciclista Chantadino acadou a sexta posición.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pinguela cierra la temporada con el adiós de Verónica Contreras

Seguinte Nova

O Concello de Ribas de Sil aplica un plan de austeridade no gasto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: