A Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración de Sarria chega este ano á súa decimosetima edición converténdose ademais na Primeira Feira de Antigüidades da Eurorrexión. Desta volta preténdese recuperar con ganas o fulgor desta cita, e estase a facer a través do Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración creado no marco da asociación de municipios do Eixo Interior, no que traballan xa dúas personas, co fin de impulsar o sector e consolidar a zona como un referente nestes campos. Os verdadeiros protagonistas serán novamente o nutrido grupo de anticuarios de Sarria, dous deles centrados exclusivamente na venta a través de Internet. Sen embargo, a feira será un mercado urbano que englobe coleccionismo e antigüidades, contando con 8 expositores locais e 10 expositores de distintas localidades da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Ao moble ou obxecto antigo engádense outros complementos que enriquecerán a chegada de visitantes durante a fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril.
Tal como detallou a concelleira de Turismo, María Ana de Jesús Fernández, terán presenza outros puntos do eixo interior da Eurorrexión. Barcelos achegará dende o seu Centro de Mercados Tradicionais todo aquelo relacionado coa artesanía e os vellos oficios, e O Barco de Valdeorras contribuirá con postos de produtos tradicionais relacionados sobre todo coa alimentación, promocionados dende o centro de referencia desta localidade e integrante do proxecto común dentro da Eurorrexión. A rúa do Porvir e a zona de San Lázaro concentrarán, como ven sendo habitual, todos os stands de venta, pero tamén haberá actividades paralelas como a actuación de danza e música que levará a cabo o grupo Peleriños de Sarria.
OBRADOIROS
Entre estas actividades haberá unha serie de obradoiros que ademais se prolongarán máis aló dos días da feira de San Lázaro. A través dos talleres, todos os que o desexen poderán entrar en contacto cos xogos esquecidos, coas técnicas de restauración de moble antigo, ou mesmo coa luthería a través das clases de Germán Luthier.
EXPOSICIÓNS
Outra das iniciativas complementarias está composta por tres exposicións que tocan diversas áreas. Unha delas é a que alberga os traballos de talla en madeira realizados polos alumnos do curso do colectivo Sarricanta, e será o domingo na Escola Taller. Por outra banda, como ven sendo habitual, a sala de exposición de Rodim, na propia rúa San Lázaro, estará aberta durante toda a fin de semana para visitar a nova mostra do artista. A terceira das exposicións é a que o Concello de Sarria fai en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo enfocada aos traxes tradicionais de labranza e elementos etnográficos, na Casa da Cultura.
NOVIDADES
Varios restaurantes de Sarria ofrecerán un menú e tapas especiais durante esta fin de semana, e tamén haberá por iniciativa dos anticuarios un sorteo dunha peza antiga entre os compradores.