Traballo conxunto entre Xunta e Goberno central contra o lume e a seca

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu ao novo Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez. Nesta primeira toma de contacto oficial da máxima representante do Goberno Autonómico co representante do Executivo estatal abordaron distintos temas que afectan a ambas Administracións, entre outros, os aspectos relacionados con lumes forestais e a seca.

“COORDINACIÓN ABSOLUTA” CONTRA O LUME

Raquel Arias suliñou que “hai unha especial preocupación por estes temas, ten que haber unha coordinación absoluta entre Augas de Galicia, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e entre as distintas forzas de seguridade, Unidade Adscrita á Policía, Policía Nacional, Local e Garda Civil de cara ao verán”. En canto á coordinación antiincendios, Arias indicou que, polo momento, a maioría do territorio de Lugo ten garantido o subministro e só se atopan dificultades puntuais en núcleos localizados da provincia. Malia todo, a delegada territorial considerou que “aínda que tomar decisións xa neste momento pode ser precipitado, dende o goberno galego estamos alerta”.

PRESIÓN POLICIAL

Pola súa banda, os conselleiros de Presidencia e Medio Rural e do Mar reuníronse co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, para redobrar a coordinación na loita contra os lumes forestais. O titular de Presidencia destacou que se manterán as patrullas no monte e que de cara ao verán se vai incrementar aínda máis a presión policial sobre todos aqueles que o intenten queimar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo paso cara a mellora da depuradora de Monforte

Seguinte Nova

O viñedo confirma as axudas para a súa reconversión

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: