Volta o Viñobús na Semana Santa

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra pon en marcha o Viñobús para os días 6 e 7 de abril. Este servizo funcionará ámbolos dous días con dous percorridos distintos, con saída de mañá e de tarde cada un deles. A primeira ruta sae de Monforte e fai parada en Doade, Castro Caldelas e Parada de Sil, e inclúe unha parada interpretativa nos Balcóns de Madrid, e unha visita a adega con degustación. A segunda ruta sae de Pantón e fai parada en Escairón, Clube Náutico de Belesar e Centro do Viño de Monforte, ademáis de incluir unha parada interpretativa no mosteiro de San Esteban de Ribas de Miño e unha visita a adega con degustación. Os precios son, en ambos casos, de 6€ para adultos e 2€ para nenos ata 12 anos. Máis info: www.ribeirasacra.org.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O viñedo confirma as axudas para a súa reconversión

Seguinte Nova

A Empresa Provincial de Turismo entrará en funcionamento antes do verán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: