A xerencia do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra valorou positivamente a primeira campaña do Viñobús do 2012. Segundo os datos aportados por esta entidade, foron cubertas un 70% das prazas dispoñibles das dúas rutas que integran este servizo turístico durante o venres e sábado da Semana Santa. Aínda que o mal tempo provocou cancelacións de última hora nas reservas solicitadas, especialmente o venres, as cifras de utilización deste servizo foron satisfactorias para os responsables turísticos. Asimesmo, destacaron que o novo plantexamento das rutas foi ben aceptado tanto polos usuarios coma polos hosteleiros, aínda que as incoporacións ás rutas fixéronse nos puntos de saída e non tanto nas paradas previstas co fin de dar maior cobertura do servizo no territorio. Asimesmo, a ruta de Amandi e Ribeiras do Sil en horario de mañá foi a máis solicitada.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas