Constituida a Asamblea Nacionalista de Chantada

O pasado 7 de abril quedou constituida a Asamblea Nacionalista de Chantada, integrada polos 38 ex membros do Bloque Nacionalista Galego de Chantada e aos que se están a sumar, segundo informou o portavoz do Grupo Municipal nacionalista de Chantada, Ildefonso Piñeiro, “outras persoas que viñan actuando en iniciativas culturais e sociais na nosa vila”.

OBXECTIVOS DA NOVA FORMACIÓN

Segundo explicou Piñeiro, os primeiros obxectivos desta Asamblea son “a coordinación e apoio ao Grupo Municipal Nacionalista para continuar a defender o programa electoral que moitas das persoas que agora forman parte desta Asamblea apoiaron, traballaron, difundiron e defenderon nas eleccións municipais, e a ampliación da propia asemblea á cidadanía que queira participar directamente e non ser so consumidora de pratos precociñados”. “O que nos une é a defensa da maioría social que en Chantada e en Galicia sofren as políticas aniquiladoras dos seus dereitos e benestar, a defensa de Chantada e de Galiza pero garantindo o protagonismo directo da cidadanía con formas de democracia directa”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Resoltos os concursos de Quiroga nas diferentes modalidades

Seguinte Nova

A Biblioteca Municipal de Chantada iniciou un ciclo de actividades que se prolongarán durante o Mes do Libro.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss