Escolares do colexio La Asunción de Sarria visitaron Sogama

O complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) acolleu a visita de preto de 50 escolares de 5º e 6º curso de Primaria do colexio sarriano La Asunción. O alumnado visitante puido coñecer de cerca a actividade industrial que en relación co tratamento de residuos e a reciclaxe realiza esta entidade, así como formarse nas boas práticas relacionadas co tratamento do lixo.

Os escolares do colexio La Asunción, de Sarria, durante a charla informativa no complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña). GPSogama.

CONCIENCIACIÓN SOBRE O LIXO QUE XERAMOS

Un grupo de educadores de Sogama explicou ao grupo de escolares a necesidade de levar a cabo un consumo responsable, diminuindo a cantidade de lixo xerado día a día, e posibilitando a reutilización dos produtos o maior número de veces posible, e separando adecuadamente uns doutros cando termina o seu uso e se transforman en residuos, cada un no seu contedor específico.

VISITA GUIADA Á PLANTA DE CLASIFICACIÓN

 Trala charla, os escolares, acompañados dos monitores e do profesorado acompañante, realizaron unha visita guiada polas distintas plantas que integran o complexo medioambiental, para observar os mecanismos de clasificación dos desperdicios recollidos nos contedores amarelos (envases de plástico, bricks e latas) e que na planta se seleccionan de xeito automático por tipoloxías, utilizando para isto lectores ópticos e outros dispositivos tecnolóxicos. Unha vez prensados e embalados son remitidos aos centros de reciclaxe. Respecto ao lixo convencional, recepcionado en dous grandes fosos, o grupo visitante comprobou o itinerario que segue desde a súa entrada nas instalacións de Sogama ata a súa saída, destinando á industria transformadora a parte susceptible de ser reciclada (é o caso do aceiro e o aluminio) e convertindo o resto en enerxía eléctrica. O complexo medioambiental de Sogama en Cerceda recibiu o ano pasado un total de 4.000 visitas de todo tipo de colectivos, e contabiliza máis de 52.000 visitantes dende a súa posta en marcha.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Punto Limpo de Monforte retoma o horario habitual

Seguinte Nova

Reivindicación do sillar granítico como peza clave da paisaxe chantadina

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss