Dende o 9 de abril o servizo do Punto Limpo, situado no campo da feira, recupera o horario habitual de 9,30h a 13,00h, e de 15,00h a 19,00h. Segundo informan os responsables da Concellería de Medio Ambiente, este cambio é debido ao incremento das horas de luz solar. O Punto Limpo estivo aberto en horario de inverno entre as 9,30 e as 17,00 horas, de luns a venres. Este horario adoptárase coa intención de mellorar o servizo e dado que a partir das 17,00 horas, debido posiblemente á diminución da luz natural, o número de persoas que acudía a estas instalacións municipais era practicamente nulo.
QUÉ DEPOSITAR NO PUNTO LIMPO
Este servizo está destinado ao depósito dos residuos domésticos que non teñen cabida nos modelos de contenedores de recollida selectiva (envases de plástico, bricks ou latas no contenedor amarelo; papel e cartón no contenedor azul; vidro no contenedor verde; e aceite doméstico nos contenedores específicos). Tamén se poden depositar no Punto Limpo elementos voluminosos (colchóns, electrodomésticos, mobles, etc.), restos de pequenas obras, aceites de automóbiles ou maquinaria, baterías de vehículos, etc., sempre que sexan de procedencia doméstica ou de particulares.