Reiniciadas as obras da piscina de Sarria

O presidente da Deputación, Gómez Besteiro, e o alcalde de Sarria, José Antonio García, visitan as obras da piscina de Sarria acompañados dos técnicos. GPDL.

As obras de construcción na piscina de Sarria reiniciáronse a pasada semana, unha vez que se completaron os trámites administrativos. Así, o Concello presentou á Deputación de Lugo o proxecto definitivo da obra trala súa modificación, e os responsables de ambas administracións achegáronse ao emprazamento desta infraestrutura para coñecer o estado dos traballos.

Durante a súa visita, Gómez Besteiro destacou que esta actuación “contribúe a manter 50 empregos na construción, un dos sectores máis castigados pola crise e o paro, e dotamos ós veciños de Sarria e do resto da comarca dun servizo polo que levan esperando 20 anos”. O organismo provincial achegou 1,4 millóns de euros para a construción da piscina de Sarria a través do Plan Extraordinario de Obra Pública, o que supón o 80% do custe inicial da obra, mentres que o Concello investiu o 20% restante. Agora, a Deputación financiará tamén o 80% do sobrecuste das novas obras adicionais, que suman 307.000 euros e que consistirán na construción dun muro perimetral que evite as filtracións de auga na piscina. Pola súa parte, a voceira do PP na Deputación, Elena Candia, acusou ao anterior goberno municipal e ao goberno provincial de “faltar á verdade” en canto á cuestión da climatización desta piscina. Candia explicou que “a climatización das instalacións non está contemplada no proxecto de reformado da Deputación, que supón un custo de 300.000 euros e cuxas adecuacións finalizarían en 2011”. A voceira do PP dixo que “as obras da climatización suporían a maiores outros 500.000 euros, quedando evidenciado un dos cuantiosos despropósitos da execución da infraestrutura”. Neste senso, Besteiro lembrou que a Xunta “incumpriu a promesa electoral que realizou en varias ocasións de construír unha piscina climatizada en Sarria e agora falta o seu apoio para climatizar a instalación que financian Deputación e Concello, cando é a administración autonómica que ten as competencias en deportes.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ruta do Viñobús por Amandi e o Sil, a máis solicitada

Seguinte Nova

Monforte reviveu na volta ao pasado medieval

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss