Un numeroso público acudiu a disfrutar da variedade de obxectos, curiosos e dende logo cheos de historia, que poideron verse na recente XVII Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración, agora tamén Primeira Feira de Antigüidades da Eurorrexión, en Sarria. O esceario, a tradicional Rúa do Porvir, que acolleu unha amplísima variedade de pezas de anticuario. Dende mobles ata xogos de louza, moedas e postais, pequenos electrodomésticos de época (radios e unha singular neveira), ata utensilios de ocio (luvas de boxeo e béisbol, raquetas de tenis ou paus de criquet de mediados de século), con especial presencia das ferramentas e obxectos propios dos oficios tradicionais de Galicia. Non podía faltar un impresionante modelo de coche clásico, que puxo o toque de glamour a esta nova edición da cita sarriana coas antigüidades. EC.