O Concello de Sarria participou no I Foro Galego de Solidariedade, celebrado en Lugo. A finais do mes de marzo o I Foro Galego de Solidariedade congregou a preto de 70 voluntarios procedentes de diversas entidades sociais. A xornada, promovida pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e do Voluntariado, tivo como obxectivo valorar a situación do voluntariado en Galicia. Mesas redondas, conferencias e a posta en común de experiencias por parte de diversos colectivos que traballan na axuda familiar, no eido corporativo, e no traballo con persoas discapacitadas ou da terceira idade. Este programa continuarase cunha serie de foros que se celebrarán en varias cidades galegas, e estarán precedidos dunha labor de preparación a cargo de profesionais.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa