Sorteados os emparellamentos da XXIX Copa Deputación de Fútbol

Nesta edición da Copa Deputación de Fútbol participan o total dos equipos lucenses desde 3ª Autonómica a Preferente Autonómica (con só un par de equipos que renunciaron a participar), e os emparellamentos realizáronse por sorteo puro, como vén sendo habitual, no caso de 1ª e Preferente Autonómica, e por proximidade no caso da 2ª e a 3ª autonómica. A Copa Deputación feminina, nesta cuarta edición, ao contar con catro equipos participantes da provincia (a totalidade) disputarase por primeira vez con dúas semifinais, que serán entre Peluquería Mixta Friol e Monteforte, e Milagrosa-Chantada, con horarios por determinar. Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes da entidade provincial conta cun orzamento semellante ao do ano pasado, de case 90.000 euros. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado.

En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado. Para os equipos do sur de Lugo, en preferente autonómica e 1ª autonómica, o 25 de maio serán o Páramo-Lemos e o Bóveda-Lourenzá. En 2ª e 3ª autonómica, disputaranse os partidos Sarria-Oural, Escairón-Rubián, SD Chantada- Chantada AT, Brollón-Quiroga, Calasancio-Areas e Sober-Río Sil, o 6 de maio en partido de ida, e a volta será o 13 de maio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nuevo éxito del Club Ciclista Chantadino

Seguinte Nova

Fallo do xurado do Premio Fiz Vergara de poesía en Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: