Pantón aposta pola proxección turística coa futura rehabilitación integral do poboado da Chaira

Turismo de calidade e diferenciación da oferta turística son os puntais sobre os que se define o proxecto de rehabilitación integral do poboado da Chaira, en Pantón. Esta idea partiu do propio concello, que leva madurando o proxecto dende hai tempo, e que acaba de acadar o compromiso da Xunta de Galicia de estudar o seu desenvolvemento. No encontro que mantiveron en Santiago o pasado día 10 de abril o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, avanzaron nas posibilidades de recuperación do poboado da Chaira, situado na marxe luguesa do río Sil, enclave que foi levantado a finais dos anos 40 co obxecto de albergar aos traballadores da construcción do embalse de Santo Estevo, e que na actualidade se atopa deshabitado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, no encontro mantido en Santiago o pasado día 10 de abril. GPPXG.

MÁIS OFERTA DE TURISMO DE CALIDADE NO SUR DE LUGO

A recuperación deste poboado a través da súa rehabilitación e posta en valor mediante unha definición de usos públicos que dinamice o contorno suporía, según apuntou o alcalde de Pantón, unha inversión de entre 5 e 6 millóns de euros. Esta intervención implicaría, según Álvarez Blanco, non só “a aposta por un turismo de calidade e diferenciado”, senón tamén “a posta en valor de toda a zona”. Aínda que o proxecto está dando os seus primeiros pasos para analizar as actuacións máis oportunas e “ver que se pode facer”, o rexedor de Pantón adiantou que se estima en 40 postos de traballo os que xeraría a posta en marcha deste proxecto “relevante para toda a Ribeira Sacra”. O aproveitamento do poboado da Chaira como residencia rural, e que podería contar incluso coa construción dunha “vila literaria” que complemente a función de aloxamento, suporía ter cuberta a oferta de turismo de calidade na franxa entre Lugo e Ourense. O complexo de A Chaira viría a sumarse á rehabilitación do poboado de Os Peares con fins turísticos, e á rede integrada polo Parador de Santo Estevo, o Parador de Monforte de Lemos, e o Hotel Palacio de Sober. As expectativas sobre as posibilidades turísticas do entorno que se está a estudar en A Chaira son moi boas, según sinala o alcalde de Pantón, xa que “nos tempos que corren, non tería sentido pensar que unha empresa vai vir a emprender un proxecto para nada”.

Un momento da reunión de traballo en Santiago entre o presidente da Xunta e o alcalde de Pantón. GPPXG.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Aínda que o encontro mantido entre o presidente da Xunta e o alcalde de Pantón estivo centrado no proxecto de A Chaira, tratáronse asimesmo outros asuntos de carácter xeral. Nesta liña, Álvarez Blanco anunciou diversas actuacións que se van poñer en marcha en breve, como o colector de Tuiriz, a sustitución de parte do tellado do mosteiro das Bernardas dado o seu deficiente estado, o remate da segunda fase das actuacións na entrada a Pantón co soterramento do cableado, e diversas medidas adicionais en mellora da seguridade vial no núcleo de Ferreira.

1 Comment Deixa unha resposta

  1. Queridos Amigos de Ferreira de Panton;que alegria saber de uds, que estan creciendo, haciendo obras y tratar de rehabilitar los pueblos, ya que la zona es muy bonita, Sr Alcalde, que tal Jose, no sabia nada, que bien, bueno suban fotos, para poder mostrarles a los de aca, el pueblo donde vivi unos años y deje muchos afectos, saludos y cariños desde el otro lado del charco. Alejandra

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O comercio de proximidade amplía os horizontes de venda

Seguinte Nova

Aposta pola sustentabilidade e a habitabilidade no medio rural

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss