A delegada territorial da Xunta visitou as instalacións da Unidade de Accións Formativas (UAF) de Monforte, centro de formación ocupacional dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Raquel Arias lembrou que este ano recibirán formación ocupacional na unidade monfortina máis de 70 persoas sen emprego, “ás que se lles ofrece unha oportunidade de adquirir novas habilidades profesionais máis axustadas ás circunstancias actuais do mercado de traballo”. Hai pouco púxose en marcha no centro un curso de instalación de mobles no que se investiron máis de 75.000 euros, e a comezos de ano iniciáronse un curso de actividades auxiliares en floraría e outro de horticultura e floricultura, que suman un importe conxunto de 128.211 euros. En agosto comezarán un curso de instalación de elementos de carpintaría e outro de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. Cada curso acolle ata 15 persoas desempregadas, seleccionadas a través das oficinas de emprego da zona sur de Lugo.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• O acordo inclúe tamén pedir á Xunta que poña en funcionamento un Observatorio de Prezos
• A campaña, que difundirá o valor da toponimia galega, inciase en Pantón o 17 de
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou os decretos da Consellería do Medio Rural polos que
• O Concello procedeu a executar os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante