2,2 millóns de euros para que os concellos modernicen os parques empresariais

A Consellería de Economía e Industria ven de publicar a convocatoria de axudas por importe de 2,2 millóns de euros para que os concellos galegos incorporen ou renoven infraestruturas nos parques empresariais municipais. Esta cifra duplica as aportacións do pasado exercicio, sumando unha dotación total de máis de 8,5 millóns de euros na lexislatura. Esta liña posibilitará financiar ata o 90% dos custos que sexan considerados subvencionables e permitirá o pago de anticipos de ata o 80% da axuda concedida. Nesta edición, estímase que ao redor de 35 parques empresariais poderán beneficiarse desta liña, coa que será posible chegar a máis de 120 parques apoiados na lexislatura.

A dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía para o aforro e a eficiencia enerxética, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso aos parques empresariais ou instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia son algunhas das actuacións que abrangue esta liña de axudas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adianto do 100% dos pagos aos produtores de uva pola venda da colleita

Seguinte Nova

Xosé Manuel Barreiro defende o sistema autonómico e aposta pola “racionalización dos servizos públicos evitando duplicidades”

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: