41 establecementos súmanse neste ano á certificación Q de Calidade Turística na provincia de Lugo

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, trala firma dos convenios coas asociacións do sector. GPXG.

A sede de Turgalicia en Santiago acolleu a reunión entre a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e os responsables das asociacións de aloxamento de Turismo Rural, Axencias de Viaxes, Hoteis e Apartamentos Turísticos, Servizos de Restauración, Instalacións Náutico Deportivas e Campos de Golf. A xuntanza tivo como finalidade a sinatura dos convenios para a implantación e difusión da marca Q de Calidade Turística para o ano 2012, que este ano asinaranse por primeira vez tamén con Adegas Visitables e cos establecementos de Lecer Nocturno.

Ademais dos convenios con Turgalicia, a Secretaría Xeral para o Turismo establecerá unha orde de subvencións para empresas turísticas e servizos complementarios para a implantación, certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE dotada cun importe de 100.000 euros. Segundo informaron os responsables autonómicos, por primeira vez este ano o máximo subvencionable pasa do 40 ao 75% neste tipo de ordes. Ademais, todas as ordes de subvención da Secretaría Xeral para o Turismo en 2012 contemplan vantaxes para os establecementos e servizos adheridos a este distintivo.

SERVIZO GRATUITO DE CONSULTORÍA COLECTIVO

A sinatura dos convenios cos representantes do sector empresarial turístico enmárcase no programa de apoio á implantación da marca Q de Calidade Turística para o ano 2012 de Turgalicia e inclúen unha oferta de servizo de consultoría no ámbito colectivo para as empresas e asociacións que estimen oportuno adherirse ao sistema de Calidade no Turismo. Por segundo ano consecutivo, Galicia é a comunidade na que máis medrou a cifra de establecementos certificados coa marca Q. Os datos aportados por Turgalicia outorgan a Galicia a primeira posición no relativo a balnearios certificados, e tamén nas categorías de Turismo Rural, Instalacións Náuticas-Deportivas e Turismo Activo. Pola súa banda, na provincia de Lugo rexístranse este ano un total de 41 establecementos distinguidos, 17 máis que os rexistrados o ano pasado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra culmina a rolda de contactos coas institucións provinciais

Seguinte Nova

Gratuidade de uso das instalacións deportivas municipais de Monforte para as categorías inferiores

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: