A Feira do Viño de Vilachá volta ao ano 1900

Celebrarase o 5 e 6 de maio

O público poderá ir vestido de época, e estará habilitada unha zona de acampada

A Asociación Cultural Abelairas, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, presentaron a nova edición da Feira do Viño de Vilachá. Esta tradicional cita co viño no sur de Lugo invita este ano aos visitantes a participar nunha volta ao ano 1900, polo que todo o público pode asistir caracterizado acorde con esta época.

SERVIZO DE AUTOBUSES DENDE AS CASIÑAS DE MONFORTE

Para que a fin de semana sexa unha festa ininterrumpida, a organización do evento ten disposta unha área de acampada, así como un servizo de autobuses dende Monforte, con saída o sábado ás 20 horas e regreso ás 4 da mañá, mentres que a saída do domingo será ás 12 horas, con regreso ás 20 horas. O punto de encontro en ambos casos será as Casiñas da Compañía, en Monforte.

PREGÓN DA FEIRA DO VIÑO DE VILACHÁ

O sábado 5 de maio abriranse as adegas ás 13 horas, e á hora do xantar haberá pulperías. O mesmo día ás 21 horas terá lugar unha chourizada popular, seguida a partir das 23 horas dun concerto de Os Cuchufellos e Salta no Cribo. O domingo 6 de maio celebrarase unha misa solemne ás 13 horas, acompañada polos alumnos da Escola Municipal de Música de A Pobra do Brollón. Ás 13, 30 horas, o arqueólogo Xurxo M. Ayán Vila lerá o pregón da Feira do Viño de Vilachá. A xornada festiva rematará cun concerto de Cé e a Orquestra Pantasma, e Aires da Poxa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

“Galicia conservando a natureza”, exposición didáctica presentada polo Concello de Brollón en colaboración coa Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa do 25 ao 29 de abril

Seguinte Nova

ASAJA desenvolveu dúas accións formativas nas parroquias de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: