A portavoz do Grupo Popular no Concello de Monforte, Julia Rodríguez Barreira, criticou as actuacións municipais no entorno da Ponte Nova, logo do recente plan de axuste presentado polo goberno municipal e que, según Rodríguez Barreira, “obliga aos monfortinos a rascar o peto para pagar as deudas e desviacións económicas provocadas pola mala xestión do goberno municipal ao longo destes anos”. A portavoz popular calificou a xestión do goberno local de Monforte como “a política do pau e a zanahoria”, onde “o pau no lo diron nas consecuencias económicas sobre os clubes de fútbol, os taxistas, o recibo da basura, na contribución, no imposto de vehículos, etc”.
“MÁIS BANCOS E ACERAS”
Según Rodríguez Barreira, “a zanahoria veñen a ser as novas aceras e bancos para a Ponte Nova”, actuacións que a portavoz popular critica xa que “non temos 23.000 euros para poñer en funcionamento a instalación de auga potable en Fiolleda, nin 47.000 euros para o servizo de saneamento en Gullade, Seoane e A Vide, nin podemos gastar nada na limpeza dos regatos, pero consíguense 200.000 euros para facer miradores con bancos na Ponte Nova”.
OBRAS “MOI VISIBLES”
Barreira critica que o goberno encabezado por Severino Rodríguez “non só non aplicou medidas útiles de contención do gasto no plan de axuste senón que segue coa súa política de elevado gasto corrente, mentres desatende servizos básicos, contentando á poboación con obras de remodelación moi visibles, como as da Ponte Nova”.
REMODELACIÓNS PREMATURAS
Barreira insistiu en que “a falta de criterio e control na execución destas obras non só deu lugar a desperfectos, como no paseo peatonal de Piñeira, senón que haxa que actuar de novo sobre zonas recentemente remodeladas, como a rotonda do Cardeal ou a acera da Compañía”.