O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, anunciou a próxima posta en marcha da Residencia para Persoas con Discapacidade. Según comentou o rexidor local, os responsables desta residencia privada están a levar adiante os traballos “con grande axilidade”, e prevén un prazo de entre tres e cinco meses para a apertura das instalacións. O complexo xa ten rematadas dúas plantas, e a cociña está a piques de completarse. Por outra banda, o equipamento interno (camas, elementos de almacenaxe, etc) completarase nos vindeiros días.
“AFORRAR SEN PERXUDICAR AOS VECIÑOS”
Por outra banda, o alcalde de Bóveda comentou que o Concello “segue a traballar no aforro dende hai varios anos, sen gastar máis do que ingresamos”, o que permitiu “estar ó día nos pagos de facturas”. Dado que se espera que o Concello reciba menos axudas, o rexidor local explica que “trataremos de ser máis autónomos, aforrar en todo canto se poida sen perxudicar aos veciños”.
Xa que o centro é para «persoas con discapacidade», imos a continuar co vocabulario inclusivo e non poñer no titular algo tan feo como «discapacitados»