A Residencia para discapacitados de Bóveda abrirá no verán

Está previsto que o equipamento da Residencia de Bóveda se complete nos próximos días. EC.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, anunciou a próxima posta en marcha da Residencia para Persoas con Discapacidade. Según comentou o rexidor local, os responsables desta residencia privada están a levar adiante os traballos “con grande axilidade”, e prevén un prazo de entre tres e cinco meses para a apertura das instalacións. O complexo xa ten rematadas dúas plantas, e a cociña está a piques de completarse. Por outra banda, o equipamento interno (camas, elementos de almacenaxe, etc) completarase nos vindeiros días.

“AFORRAR SEN PERXUDICAR AOS VECIÑOS”

Por outra banda, o alcalde de Bóveda comentou que o Concello “segue a traballar no aforro dende hai varios anos, sen gastar máis do que ingresamos”, o que permitiu “estar ó día nos pagos de facturas”. Dado que se espera que o Concello reciba menos axudas, o rexidor local explica que “trataremos de ser máis autónomos, aforrar en todo canto se poida sen perxudicar aos veciños”.

1 Comment

  1. Xa que o centro é para «persoas con discapacidade», imos a continuar co vocabulario inclusivo e non poñer no titular algo tan feo como «discapacitados»

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Zumba, nova actividade no Centro Sociocultural de Bóveda

Seguinte Nova

Bóveda acollerá o Campionato Provincial de Patinaxe Artístico de Grupos de Show 2012

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: