A Xunta destina 350.000 euros ás axudas para a mellora e comercialización de produtos apícolas

O prazo de solicitude remata o 21 de maio

O DOG do 20 de abril publica a orde pola que se se establecen as axudas para o fomento das actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura para 2012. Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, teñen un orzamento previsto de 350.000 euros.

Estas axudas destínanse a prestar información e asistencia técnica aos apicultorese persoal de centros de envasamento e laboratorios. Tamén están destinadas á loita contra a enfermidade da varroase e actividades ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario, responsable da súa correcta aplicación e funcionamento. Ademais de racionalizar a transhumancia, esta liña de axudas pretende apoiar a repoboación da cabana apícola.

Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas que estean inscritos no rexistro oficial apícola da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén se poderán beneficiar as cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu.

As solicitudes deberán ser presentadas nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar ou en calquera órgano administrativo da Administración xeral do Estado.

O prazo será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XVIII edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo Consello Regulador.

Seguinte Nova

O eido rural recibirá formación sobre consumo a través das accións de Preescolar na Casa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: