ASAJA desenvolveu dúas accións formativas nas parroquias de Chantada

A Asociación de Xóvenes Agricultores ASAJA-Galicia, en colaboración con asociacións de veciños das parroquias chantadinas, ven de realizar accións formativas no eido da viticultura. Así, ata o 18 de abril impartiu un curso de viticultura-enoloxía en Líncora-Eirexe, de 30 horas lectivas, sobre a morfoloxia da vide, variedades, inxertos, preparación do térreo, plantación, sistemas de conducción, poda, operacións en verde, pragas e enfermidades, así como a elaboración de viños brancos e tintos, control de maduración, clarificación, filtración e outros aspectos. Este curso estase a impartir ata o día 30 en Chantada. Asimesmo, Muradelle acolleu ata o día 23 o curso de poda, onde se formou sobre estrutura e morfoloxía, sistema radical, poda de formación e crecemento, técnicas de poda e corta, protección e selado, despunte, recortes e aclareo, curvatura e arqueado, ferramentas e outros útiles. Anuncian máis accións formativas para maio e xuño.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Feira do Viño de Vilachá volta ao ano 1900

Seguinte Nova

Adianto do 100% dos pagos aos produtores de uva pola venda da colleita

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: