Campaña para o uso de bolsas de tea no concello de O Incio

A iniciativa conxunta entre o Concello e Sogama suporá a distribución entre os veciños de 1.000 bolsas de algodón biodegradable e reutilizables

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) ven de informar da campaña emprendida polo Concello de O Incio en colaboración con esta entidade para promover entre o vecindario o uso de bolsas reutilizables de tea, e evitar así o consumo masivo de bolsas plásticas non biodegradables, que supoñen un gran impacto medioambiental.

RECUPERACIÓN DUNHA PRÁTICA TRADICIONAL NO RURAL

Esta campaña, emprendida baixo o lema “Desembolsamos o plástico. Ecoloxizamos O Incio”, é unha iniciativa coa que ambas entidades pretenden instar á recuperación de prácticas tradicionais asentadas entre a población ata non hai moitos anos, especialmente no medio rural, pero que progresivamente foron sustituidas pola cultura de “usar e tirar”, o que se ven traducindo nun incremento da produción de residuos, especialmente de envases e envoltorios.

MÁXIMO APROVEITAMENTO CON MÍNIMO GASTO

Segundo explicaron os responsables municipais e da entidade medioambiental, a maior conciencia ecolóxica de hoxendía, unida ao impacto da actual crise económica, supoñen de feito un cambio de hábitos que leva aos consumidores a retomar a cultura do máximo aproveitamento con mínimo gasto. Os responsables da iniciativa recalcaron a importancia de apostar plenamente pola reutilización, integrada de cheo no principio xerárquico das tres erres, e que debe ser complementada coa redución do lixo e a súa correcta separación para posibilitar a súa posterior reciclaxe. Con este fin, o Concello de O Incio distribuirá en torno a 1.000 bolsas de algodón biodegradable, serigrafadas con tintas non contaminantes, co fin de animar o vecindario a que as utilicen nas súas compras diarias, sustituíndo ás fabricadas con plástico, material cun forte impacto negativo no medio ambiente.

BOLSA DE PLÁSTICO: 15 MINUTOS DE USO, CENTOS DE ANOS ALTERANDO O MEDIO NATURAL

Segundo explicaron os responsables de Sogama, nas últimas décadas, o consumo de bolsas plásticas dun só uso disparouse de xeito alarmante: cada habitante utiliza anualmente unha media de 238 unidades, das que tan só o 10% acaba no contenedor de cor amarelo para ser transformadas en novos produtos. Ademáis, o feito de que o peso das bolsas se reducira ata nun 75% dificulta tamén a súa reutilización como bolsas de lixo doméstico, favorecendo que viaxen arrastradas polo vento a campos e bosques, onde poden tardar ata catro séculos en desaparecer. A pesares de que unha bolsa convencional ten unha vida útil de 15 minutos, o xusto para levar a compra da tienda á casa, no entorno natural pode tardar centos de años en descomponerse.

PROGRESIVA SUPRESIÓN DO USO DE BOLSAS DE PLÁSTICO ATA O ANO 2018

A Lei 22/2011, de 28 de xullo, de Residuos y Suelos Contaminados, pretende sustituir, para o ano 2013, o 60% das bolsas plásticas dun só uso, aumentando esa porcentaxe ata nun 70% para antes do 2015, data a partires da cal se obligará a marcalas cunha mensaxe sobre os seus perniciosos efectos medioambientais, e a un 80% para o 2016, período no que o Goberno nacional evaluará a consecución dos obxectivos deste calendario e a conveniencia de adoptar medidas fiscais sobre o seu consumo. En todo caso, a pretensión última é a eliminación do 100% deste tipo de bolsas para o ano 2018, con excepción das que se usen para conter alimentos perecedeiros como peixes e carnes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 13 de maio, próxima cita do Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares en Brollón

Seguinte Nova

O programa provincial Km0 segue a achegar visitantes á zona sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss