Despois de que o Alcalde de Monforte se reunise cos representantes dos clubs deportivos e dos pais e nais dos usuarios das instalacións deportivas municipais, o Concello decidiu que o deporte de base non pagará por utilizar as citadas instalacións. As categorías inferiores dos diferentes clubs (xuvenís, infantís e benxamíns) non pagarán polo uso das instalacións deportivas municipais, mentres que os demais equipos pagarán as contías establecidas na ordenanza municipal. O esforzo do Concello e dos clubs garante que as instalacións deportivas continúen funcionando correctamente, manteñan os seus postos de traballo, e posibilita que os rapaces practiquen deporte a custo cero.





