Máis de 2.000 persoas disfrutaron da XII Feira da Carne ao Caldeiro de Carballedo

O xornalista e escritor chantadino Afonso Eiré foi o encargado de ler o pregón da XII Feira de Carne ó Caldeiro, en presenza do delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, a presidenta da Asociación de Veciños O Bubaíño, MªAsunción Gómez Neira, e os responsables municipais de Cultura de Monforte e A Pobra de Brollón, Pilar López e Ricardo Rodicio. GPVDL.

O pasado 22 de abril, o Castro de Carballedo acolleu a XII edición da Feira de Carne ao Caldeiro, unha cita gastronómica xa consolidada no calendario festivo do sur de Lugo. Arredor de 2.000 personas xuntáronse na capital deste municipio da comarca de Chantada para degustar a especialidade de carne ó caldeiro, ao tempo que poideron mercar artesanía e produtos típicos da zona nos diversos expositores con que contou a Feira. Pola súa parte, os máis cativos poideron participar en diversos obradoiros infantís, como o desenvolvido por Pablo Carpintero sobre instrumentos tradicionais.

UNHA FEIRA ORGANIZADA POLOS VECIÑOS

A Feira de Carne ó Caldeiro de Carballedo está organizada integramente pola Asociación de Veciños O Bubaíño, coa participación desinteresada de arredor de 50 persoas. Os responsables da asociación O Bubaíño invitaron para esta ocasión ao xornalista e escritor chantadino Afonso Eiré, que acaba de publicar a súa novela “O penalti de Fuco”, para ler o pregón da presente edición.

REVITALIZACIÓN CULTURAL E ECONÓMICA DO MEDIO RURAL

Logo da súa intervención, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, destacou “o increíble traballo” deste colectivo veciñal na organización deste importante evento gastronómico, xa que “resulta digno de mención o seu impagable traballo en prol da revitalización do medio rural”. Outeiro suliñou a importancia deste evento “na súa dimensión cultural e turística”, pero tamén na repercusión económica directa na zona “pola importantísima inxección económica ao comercio local dado o número de visitantes que atrae a Feira”. Outeiro aproveitou a ocasión para “ofrecer de novo o apoio da Deputación de Lugo para vindeiras edicións da Feira de Carne ó Caldeiro”, polo compromiso da institución “co asociacionismo cultural de base, auténtico motor cultural do noso país”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ciclo “Exploradores de Terras do Miño” levará en maio a rapaces da zona sur de Lugo de entre 7 e 10 anos por unha ruta didáctica na Reserva

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra culmina a rolda de contactos coas institucións provinciais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: