O 13 de maio, próxima cita do Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares en Brollón

O Circuito Ribeira Sacra de Carreiras Populares continúa o 13 de maio en A Pobra do Brollón, na XXIII Carreira Popular e XI Media Maratón da Ferreirúa. Logo da proba de Quiroga do pasado día 6 de abril, o Circuíto terá continuidade cunha carreira ó mes ata o 4 de agosto, na última cita en O Saviñao.

PROMOCIÓN DO TERRITORIO A TRAVÉS DO DEPORTE

O Grupo de Desenvolvementeo Rural (GDR) ven organizando este Circuíto en colaboración cos organizadores das distintas carreiras a nivel municipal, un proxecto que permite, a través da prática do deporte, coñecer e promocionar o territorio dun xeito diferente.

BAREMOS DE PARTICIPACIÓN

O seguimento da clasificación dos corredores é unha das tarefas da entidade promotora do Circuíto, que pretende favorecer a participación dos corredores no maior número de probas. Con este fin, establécense unha serie de premios ao final do Circuíto, ós que só poderán acceder aqueles corredores que teñan participado nun mínimo de cinco das oito carreiras. Asimesmo, para estimular a competición, a organización estableceu premios para os 10 mellores homes e mulleres da clasificación final do Circuíto.

UNHA CARREIRA Ó MES ATA AGOSTO

A inscripción é gratuita, e debe realizarse tanto no circuíto xeral a través da web championchipnorte.com como en cada unha das oito probas individualmente. Bóveda acollerá unha proba o 27 de maio, Pantón o 2 de xuño, Ribas de Sil o 15 de xullo e O Saviñao o 4 de agosto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nuevo éxito del Club Ciclista Chantadino

Seguinte Nova

Campaña para o uso de bolsas de tea no concello de O Incio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: