O ecoturismo como oportunidade de desenvolvemento para a provincia

Presentado un novo programa de bolsas de emprego polo que a Deputación de Lugo formará a guías especializados nas Reservas Terras do Miño e Os Ancares

A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e a deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López, durante a presentación do programa de bolsas de emprego para formar guías medioambientales. GPDL.

Fomentar a economía medioambiental e un turismo sostible e de calidade é o obxectivo deste novo programa de formación e emprego para guías medioambientais especializados nas Reservas Terras do Miño e Os Ancares. Na presentación deste programa, Lara Méndez, vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, e Sonsoles López, deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, expoñeron as directrices desta convocatoria aberta ata o 29 de abril, pola que 24 bolseiros formaranse como monitores guías das Reservas Terras do Miño e Os Ancares. A vicepresidenta provincial explicou que este programa, que conxuga a dinamización do mercado laboral e a difusión dos valores naturales de Lugo, desenvolverase en virtude do acordo que a Deputación ten asinado co Ministerio de Medio Ambiente para impulsar as dúas reservas naturais da provincia. Segundo este convenio, o Ministerio financia o 66% do plan das bolsas de emprego, que está dotado con 141.000 euros.

700 EUROS Ó MES DURANTE OS CATRO MESES DE PRÁTICAS

O programa iníciase cun ciclo de 145 horas formativas, que recibirán os beneficiarios das bolsas de xeito gratuito, xa que a Deputación financia con esta iniciativa os 900 euros que lle custaría a cada bolseiro “por esta formación de calidade”, explicou Méndez. Unha vez rematado este ciclo, os participantes realizarán práticas de xuño a setembro, cunha remuneración neta de 700 euros ó mes. As tarefas encomendadas aos beneficiarios destas bolsas durante o periodo de práticas remuneradas abranguerán actividades recreativas, culturais, divulgativas e de sensibilización no territorio das Reservas. Asimesmo, os bolseiros recompilarán todo tipo de información sobre estes espazos, datos que se incorporarán ao navegador xeográfico www.delugo.org, iniciativa posta en marcha pola Deputación a principios de 2011 con cargo ós fondos europeos do Lug02. Lara Méndez suliñou que os traballos desenvolvidos polos bolseiros “suporá que sexa posible a continua actualización dos contidos deste navegador xeográfico”.

PERFIL DO CANDIDATO

Ata o domingo 29 de abril, os interesados poderán inscribirse na páxina web www.deputacionlugo.org, cumplimentando o modelo de solicitude e adxuntando o currículo o méritos que estime oportuno. A documentación enviarase por correo electrónico a terrasdomino@deputacionlugo.org, ou ancareslucenses@deputacionlugo.org, según a Reserva natural onde se desee realizar a formación. Sonsoles López explicou que se esixe como requisito mínimo aos candidatos o certificado de escolaridade, e a selección terá en conta que o currículo se adecúe ás funcións de guía medioambiental e ó desenvolvemento das tarefas que se desempeñarán na Reserva, e tamén a actitude cara o posto de traballo. O proceso rematará cunha entrevista persoal para valorar o interés, madurez e dominio dos coñecementos do candidato.

ECOTURISMO: UN XEITO DE APROVEITAR A RIQUEZA NATURAL DE LUGO

A necesidade de apostar polo ecoturismo ponse de manifesto na importancia que o medio ambiente e a paisaxe xogan na provincia de Lugo. Javier Carreira, presidente da asociación de turismo rural Lugosur e empresario turístico, destaca que ambos elementos “son o maior atractivo turístico, xunto co patrimonio histórico”. “A meirande parte dos que nos visitan veñen buscando paisaxe e natureza”, apunta Carreira. Pola súa parte, a delegada de Medio Ambiente apuntou que, segundo os datos dun informe do CREAF sobre a retención de emisións de CO2 en España, os bosques lucenses absorben o 4% do dióxido de carbono de toda España, principal responsable do efecto invernadoiro e do cambio climático. A importancia da masa forestal da nosa provincia resulta evidente, xa que os nosos bosques absorben o dobre que a media das provincias españolas. Esto é posible xa que a superficie forestal ocupa o 68% da provincia de Lugo, e o 63% deste é monte arborizado, o que supón o 35% do total galego. Neste contexto, sinalou Sonsoles López, hai que interpretar o programa de bolsas de emprego para guías medioambientais, “unha medida máis que impulsamos dende a Deputación para potenciar esta riqueza dos nosos bosques”. Facer posible que esta riqueza natural perdure no tempo e sexa ó mesmo tempo fonte de riqueza a través dun turismo sostible é, según o presidente de Lugosur, a razón de ser do ecoturismo. Implementar vías de formación e de fortalecemento neste eido supón unha interesante vía de traballo para mellorar na oferta turística lucense. “É un valor turístico que xa está funcionando”, comenta Carreira, quen dende o seu propio negocio, a empresa de turismo Acibros, “intentamos aproveitar eses valores para dar a coñecer os valores naturais e culturais destas comarcas, coa axuda de monitores con formación en ciencias (biólogos, veterinarios, forestais, etc).”

IMPORTANCIA DE INCENTIVAR O ECOTURISMO DENDE AS INSTITUCIÓNS

Javier Carreira destaca o papel fundamental das administracións á hora de incentivar este tipo de turismo, “sobre todo en zonas de especial valor ecolóxico, e onde o sector turístico está pouco desenvolvido, xa que de pouco vale dar a coñecer estas zonas se despois non contamos con servizos turísticos que demandan os visitantes, como os guías”. Paralelamente á formación especializada dos guías medioambientais, o presidente de Lugosur considera “non menos importante a sensibilización das xentes que habitan eses lugares, ou incluso dos guías máis xeneralistas, para que todos eles saiban valorar esta riqueza natural e poidan informar sobre ela, o que fará posible que o recurso se conserve e perviva no tempo”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda acollerá o Campionato Provincial de Patinaxe Artístico de Grupos de Show 2012

Seguinte Nova

Comeza o ano do ilustre Dr. Casares

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: