O grupo nacionalista de Chantada leva a pleno unha moción contra a supresión das axudas no fogar

O Grupo Nacionalista de Chantada levará a pleno unha moción contra o Decreto 99/2012 de Regulación e Financiamento dos Servizos Sociais, da Xunta de Galicia, polo que quedan excluídos da axuda pública por parte da Administración Autonómica os servizos de axuda no fogar en todos aqueles concellos menores de 20.000 habitantes, “o que significa que o Concello terá que financiar con fondos propios, ou via Deputación, o servizo de axuda no fogar”.

Ildefonso Piñeiro, portavoz do Grupo Nacionalista Municipal de Chantada, dixo que é “un auténtico escándalo que a Xunta se desentenda absolutamente da atención aos maiores nos concellos pequenos e medianos”, o que supón “unha nova bofetada ao sistema de benestar no Concello e no País”. Piñeiro lembrou que “para este ano, e para acabar cos servizos sociais nos concellos, veñen de reducir cáseque á metade o diñeiro de 2009 para o Plan Concertado”. O portavoz nacionalista en Chantada explicou que “no servizo de axuda no fogar o goberno da Xunta enmascara co anuncio dun aumento de 23 a 30 millóns, a eliminación de 9 millóns do cheque asistencial e a eliminación de 7,4 millóns do Programa Comunitario de Servizos Sociais, o que supón preto de 7 millóns menos, estrangulando así aos concellos e ás persoas que utilizan os servizos sociais”. Piñeiro amosou tamén o “disgusto” do seu grupo municipal polo silencio do goberno local en canto a este tema.

Os nacionalistas proporán no pleno dirixirse a Xunta pedindo a retirada deste decreto, e que se abra unha liña de diálogo co conxunto dos concellos galegos, sobre todo os menores de 20.000 habitantes, para que a administración autonómica siga garantindo fondos para o mantemento destes servizos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xosé Manuel Barreiro defende o sistema autonómico e aposta pola “racionalización dos servizos públicos evitando duplicidades”

Seguinte Nova

O ciclo “Exploradores de Terras do Miño” levará en maio a rapaces da zona sur de Lugo de entre 7 e 10 anos por unha ruta didáctica na Reserva

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: