Un grupo de 30 integrantes do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei e 24 lucenses anotados de maneira individual realizaron as rutas Adegas e Miradoiros, e Catro Cabaleiros, respectivamente. Tras ser recibidos no Pazo de San Marcos polo deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Juan José Díaz Valiño, os veciños de Castro de Rei coñeceron as instalacións da Fundación TIC e, xa en Sober, gozaron dunha degustación na Adega Algueira e dunha comida no restaurante homónimo. Logo realizaron parte da ruta de Pena do Castelo e visitaron o Santuario de Cadeiras e un obradoiro de olería de Gundivós. Pola súa banda, os lucenses inscritos de xeito individual achegáronse ó embalse de Vilasouto, comeron no restaurante o Cabazo do Incio e fixeron parte da ruta de Catro Cabaleiros.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa