Está previsto que en maio comecen as obras de mellora da estrada CP-1804, de Touza por Belesar a LU-533. Na pasada Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordouse a adxudicación destes traballos por un importe de 74.000 euros. As actuacións consisten no ensanche e afirmado nos quilómetros 2,370, 4,900 e 5,670, puntos deste vial nos que se localizan curvas moi pronunciadas e perigosas. As obras adxudicadas teñen un prazo de execución dun mes.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar os acordos cos que mobiliza
O concello de Pantón aprobou na última sesión plenaria o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a