Xosé Manuel Barreiro defende o sistema autonómico e aposta pola “racionalización dos servizos públicos evitando duplicidades”

Xosé Manuel Barreiro, portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, durante unha intervención na Cámara. GPSenado.

O portavoz do Grupo Popular no Senado, o lucense Xosé Manuel Barreiro, fixo unha defensa do sistema autonómico xurdido da Constitución do 78, que ten demostrado “a súa utilidade e eficacia”. Neste sentido, Barreiro declarou que “o Partido Popular busca mellorar este sistema a través da racionalización dos servizos públicos que evite duplicidades e ineficiencias”.

MEDIDA DE ÁMBITO RURAL E LOCAL

Na súa intervención diante dos medios de comunicación, Xosé Manuel Barreiro lembrou a presentación no Senado, por parte do seu grupo parlamentario, dunha moción na que se pide ao Goberno que na negociación da reforma da PAC (Política Agraria Común) se defendan os niveis de renda dos nosos agricultores e gandeiros. A segunda das mocións ás que fixo referencia o portavoz do PP no Senado é a que “se presentará en breve” e solicitará a creación dunha ponencia de Estudo para a Racionalización e Sostenibilidade Administrativa da Estructura Territorial Local en España, “dada a necesidade de avanzar na racionalización dos servizos públicos dentro do ámbito local do noso país”. Xosé Manuel Barreiro asegurou que “esta é unha medida que resulta de gran relevancia para a adecuación da nosa estructura territorial do poder local ás novas realidades económicas, sociais e demográficas”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

2,2 millóns de euros para que os concellos modernicen os parques empresariais

Seguinte Nova

O grupo nacionalista de Chantada leva a pleno unha moción contra a supresión das axudas no fogar

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss