XVIII edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra organizada polo Consello Regulador.

Esta cita celebrarase no Parador de Monforte de Lemos os días 24 e 25 de maio. Na cata poderán participar os viños elaborados por adegas inscritas na Denominación de Orixe que se atopen en fase de comercialización. O certame establece tres categorías, e requírese un mínimo de seis mostras de viño por categoría. Para a añada de 2011, na categoría de tintos e brancos, cada adega pode presentar tantas marcas como estime oportuno, e no momento da recollida a adega debe ter unhas existencias mínimas de 500 botellas na categoría á que se presente. Para viños doutras añadas, entrarán a concurso viños con barrica da colleita 2011 e doutras colleitas distintas que non teñan participado en edicións anteriores, e precísase que no momento da recollida a adega debe ter unhas existencias mínimas de 300 botellas. O prazo para inscripcións remata o día 11 de maio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

La historiadora monfortina Manuela Sáez coordina en mayo un congreso en Nápoles

Seguinte Nova

A Xunta destina 350.000 euros ás axudas para a mellora e comercialización de produtos apícolas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: