Sober contará con esta aportación do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural) financiada pola Consellería de Medio Rural e do Mar. As obras propostas polo Concello céntranse na rexeneración con triple rego asfáltico da estrada que dende Vilapedre por Campoverde leva á de Gundivós a Neiras, con preto de 4 quilómetros; en Gundivós, a estrada de Vilanova á ponte do Fervedón, tramo recentemente ensanchado; e definición dos accesos a Cima de Vila en Santa Cruz de Brosmos e a Ceceda dende a estrada de Vilar de Mouros en Doade.





