Dende o 10 de maio, e durante o prazo dun mes, ven de presentarse para a súa exposición pública o proxecto da planta de biomasa de A Pobra do Brollón que a empresa Norvento pretende instalar no término municipal. Esta exposición cumpre así o requisito administrativo co fin de acadar a pertinente autorización administrativa e aprobación do proxecto por parte da Consellería de Economía e Industria. O alcalde de Brollón manifestou a súa satisfación pola continuación deste proceso “para que algún día se concrete este proxecto polo que se ven apostando dende hai tempo”, e que “ten que servir para dinamizar o concello, especialmente neste contexto de crise económica e coas dificultades engadidas dos municipios de escasa dinámica económica e pouco peso poboacional”.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Os recursos públicos distribuense entre os 67 concellos da provincia tendo en conta criterios como
• O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que o seu departamento destina para o
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de anunciar en rolda de prensa o convenio
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da empresa
• En 2023 desenvolveranse catro rutas gastronómicas dende Irún, Pamplona, Sevilla e Valencia con meta en