Biomasa en Brollón

Dende o 10 de maio, e durante o prazo dun mes, ven de presentarse para a súa exposición pública o proxecto da planta de biomasa de A Pobra do Brollón que a empresa Norvento pretende instalar no término municipal. Esta exposición cumpre así o requisito administrativo co fin de acadar a pertinente autorización administrativa e aprobación do proxecto por parte da Consellería de Economía e Industria. O alcalde de Brollón manifestou a súa satisfación pola continuación deste proceso “para que algún día se concrete este proxecto polo que se ven apostando dende hai tempo”, e que “ten que servir para dinamizar o concello, especialmente neste contexto de crise económica e coas dificultades engadidas dos municipios de escasa dinámica económica e pouco peso poboacional”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 300.000 euros para a reparación dun tramo do corredor entre O Saviñao e Monforte

Seguinte Nova

O Concello de Monforte afirma que a reforma da Praza de Abastos non afectará ao emprego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: