Cine solidario en maio no Centro de Maiores de NCG de Monforte

Durante os xoves do mes de maio, o Centro de Maiores de Novacaixagalicia en Monforte está a organizar un ciclo de cine solidario, ao que se poderá acceder previa entrega dun litro de aceite ou dunha lata de conservas antes de cada proxección. As unidades recollidas serán entregadas en xuño á Cáritas.

COLABORAR CON CÁRITAS E OFRECER OUTRA OPCIÓN DE OCIO

O obxectivo desta iniciativa, na que se realizarán pases de catro obras mestras do cine clásico en branco e negro, é axudar e colaborar o máis posible con Cáritas, ao tempo que se dá a oportunidade de descubrir outra forma de recreación e entretemento. As sesións terán lugar todos os xoves de maio, agás o día das Letras Galegas, que non hai proxección, ás 17,30 horas na sala multiusos do primeiro andar. O xoves 24 proxectarase o filme “Testemuña de cargo”, e o día 31 “Matar un reiseñor”, de Robert Mulligan, película que porá fin a este ciclo de cine solidario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Expropiación dos terreos para a nova potabilizadora de Monforte

Seguinte Nova

Máis de 300.000 euros para a reparación dun tramo do corredor entre O Saviñao e Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss