Expropiación dos terreos para a nova potabilizadora de Monforte

A sinatura das actas de expropiación tivo lugar o pasado 2 de maio no Concello. Dende o goberno municipal informaron de que os trámites previos ao inicio dos traballos transcurren “con normalidade e dentro dos prazos previstos”. As obras que contempla esta actuación, cofinanciada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Xunta de Galicia e o Concello de Monforte, inclúen a construción dunha nova estación de tratamento de auga potable en Ribasaltas, así como un depósito e bombeo novos; a nova condución de impulsión entre Ribasaltas e o depósito do Cornado; a mellora das conexións en depósitos de San Vicente, e a regulación no depósito de Piñeira.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Viño e gastronomía en Monforte: rexurdimento da potencialidade tradicional da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Cine solidario en maio no Centro de Maiores de NCG de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: