Festival de homenaxe a Pink Floyd en Salcedo

O Centro Multiusos da parroquia de Salcedo, en A Pobra do Brollón, acolleu o sábado 12 de maio o festival de homenaxe ao “rock progresivo”, con especial atención á banda británica Pink Floyd. Esta iniciativa, que pretende dinamizar o eido rural a través da actividade cultural, foi organizado pola Asociación Veciñal de Salcedo, o cineclub monfortino A Calexa e o grupo musical Vera Lynn. Segundo informaran os organizadores na presentación do evento, a iniciativa de pór en marcha este festival tivo unha ampla repercusión, de xeito que as 165 camisetas promocionais emitidas pola organización esgotáronse en tan só dous días. O festival arrincou ás 17:30 horas coa charla “A música popular no cine”, a cargo de Carlos Cortiñas e Antonio Vidal, presidente e secretario do cineclub A Calexa, que se complementou coa proxección da película The Wall, do director Alan Parker. A continuación, David Díaz Dacal disertou sobre a “Escena Canterbury”, movemento artístico xurdido en Inglaterra a finais da década dos 60 que se integra dentro deste estilo musical. Como remate, Alberto Camarero Tico, ex integrante de Yellow Pixoliñas, achegou ós asistentes a vida e obra da banda de Cambridge, co título “Pink Floyd, a revolución progresiva”. O colofón musical estivo a cargo do grupo monfortino Vera Lynn, formación composta por músicos procedentes de diversas bandas, como Dooc´s Magoo´s, Anger, La Cuarta Pared e Morphina. O espectáculo multimedia combinou imaxes, texto e música cunha contundente posta en escena sobre versións de Pink Floyd.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte afirma que a reforma da Praza de Abastos non afectará ao emprego

Seguinte Nova

Aumento dun 27% nas ventas de agricultura ecolóxica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: