Convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade
A finais do mes de abril, o Centro de Información á Muller de Sarria (CIMS) incorporou un servizo de teletradución a 51 idiomas co obxectivo de mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes. Este servizo, gratuito para todas as usuarias, foi posto en marcha trala sinatura do convenio pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e o alcalde de Sarria, José Antonio García. No acto, celebrado nas instalacións do CIM de Sarria, dúas usuarias de orixe rusa e marroquí tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións deste sistema de teletradución, que xa funciona en 63 entidades (CIMs, casas de acollida e ONGs que asisten a mulleres) en Galicia. Os idiomas máis demandados ata agora son o ruso, chino mandarín e romanés.