O Concello de Monforte lembrou que o obxectivo fundamental co que se emprendeu a reforma da Praza de Abastos foi impedir “o continuado decrecemento da actividade comercial que dende hai anos vense producindo neste recinto”. Con tal fin, o Concello planteou unha serie de actuacións para convertir a Praza de Abastos “nun centro estratéxico para a promoción do pequeno comercio e o eixo para a comercialización de produtos tradicionais e artesanais de calidade”. En relación co primeiro obxectivo, instalarase un espazo de usos múltiples na zona central do edificio, cunha cafetería restaurante “que creará postos de traballo e dinamizará o comercio”. Asimesmo, para os responsables municipais a dinamización comercial deste espazo “pasa pola ampliación e polo aumento da variedade da oferta”, algo imposible de acadar co posto de conxelados que houbo ata hoxe e que ocupaba cinco prazas. Esta “reorganización de espazos obrigou a realizar o rescate da concesión, de mutuo acordo co propietario e por un prezo inferior ó 50 % do que lle correspondería segundo a Lei de Contratos do Sector Público”, explicaron. “Asimesmo, o propietario do citado posto manifestounos a súa intención de xubilarse no ano 2014, co que estaríamos adaptando o proxecto ás necesidades dun empresario que en poucos anos deixaría o seu posto”, puntualizaron dende o Concello, ao tempo que informaron de que van a saír a concurso dous postos agora baleiros. O Concello lembrou que a execución do proxecto supuxo a completa reestruturación da Praza de Abastos en fontanería, saneamento, electricidade e ventilación.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura
• O Casino Ateneo de Monforte acolleu o acto, dirixido ao sector empresarial, no que o
Asóciase a Ribeira Sacra ao turismo e ao mundo do viño, sectores que progresaron enormemente, ao
• Alfonso Rueda resaltou que este proxecto, cun investimento de 33 millóns de euros na fase
• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resalta que este ano vanse destinar preto de 60