SOBER CELEBRARÁ O SÁBADO 26 DE MAIO A XIII FESTA DOS MAIORES

O Concello de Sober celebrará o próximo 26 de maio a XIII Festa dos Maiores, que terá lugar no Pavillón Polideportivo do Colexio Virxe do Carme de Sober ao longo da xornada de sábado.

MISA SOLEMNE Á UNHA E MEDIA

Dende o departamento de Servicos Sociais, están a elaborar un programa de actos, que incorpora como novidade para este ano a celebración dunha Misa solemne ás 13,30 horas. O acto relixioso será o primeiro dos actos festivos da xornada, que continuará coa primeira actuación do humorista Campurro antes do xantar.

MENÚ DA FESTA DOS MAIORES

O menú da Festa dos Maiores estará composto por empanada, pulpo á feira e carne asada con pementos, e de postre, larpeira rechea. Estes platos estarán acompañados con viño da subzona de Amandi, dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

AGASALLOS PARA OS MÁIS VELLOS DA FESTA

Unha vez finalizado o xantar, Campurro realizará a súa segunda actuación. O fin de festa será un sorteo dun centenar de agasallos entre os participantes, e un baile amenizado por un grupo musical. A organización da Festa dos Maiores ten previsto facer entrega dun obsequio especial á muller e ó home máis vellos que asistan á festa, así como á parella con máis anos de matrimonio. O Concello de Sober estima unha participación de máis de 300 persoas. Haberá servizo gratuito de autobuses dende diferentes puntos do municipio. O prezo por comensal é de 9 euros. Os interesados poden inscribirse nas oficinas do Concello ou da Casa da Cultura de Sober, ou chamando ós teléfonos 982 46 00 01 e 982 46 05 13.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

100.000 euros para mellorar camiños en Gundivós, Santa Cruz de Brosmos e Doade

Seguinte Nova

Sober continúa coas actividades de reciclaxe

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss