Sober continúa coas actividades de reciclaxe

Recollida gratuita de plásticos agrícolas

O Concello xa abrira o ano cunha campaña de fomento da compostaxe coa distribución de compostadoras entre familias voluntarias

O pasado 8 de maio, o Concello de Sober desenvolveu unha actividade máis de fomento da reciclaxe entre o vecindario, coa organización dunha xornada de recollida gratuita de plásticos agrícolas. Segundo informaron no Concello, este servizo, que se ofrece en Sober por segunda vez, contribúe ao coidado do medio ambiente ao permitir eliminar de xeito eficiente o gran volume de plásticos que se acumula nas distintas explotacións agrícolas do término municipal. Os organizadores desta actividades recomendaron aos agricultores que aportaran os plásticos debidamente atados para facilitar a súa manipulación. Para esta campaña establecéronse seis puntos de recollida na capitalidade municipal e nas parroquias, desde onde a empresa Tragsa se encargou de trasladar os plásticos ata o punto de reciclaxe. A comezos de ano e coa colaboración de Sogama, Sober desenvolvía a campaña de compostaxe doméstica a que se acolleron 40 familias. Proximamente realizarase unha segunda fase, coa entrega gratuita de compostadoras a novas familias. Asimesmo, recentemente instaláronse 30 contedores amarellos para envases e 4 para vidro en Gundivós, Bulso, Arxemil e As Gándaras-Pinol, o que suma preto de 50 unidades para recollida de envases e 25 para vidro repartidos por todo o concello. Está prevista unha recollida periódica de envases de vidro a domicilio nas preto de 50 adegas do término municipal.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

SOBER CELEBRARÁ O SÁBADO 26 DE MAIO A XIII FESTA DOS MAIORES

Seguinte Nova

Viño e gastronomía en Monforte: rexurdimento da potencialidade tradicional da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: