A Rota do Románico de Pantón cumple 25 anos

Viño e románico, fórmula turística que mantén o atractivo ó longo dos anos

Pantón protagonizará a axenda festiva da próxima quincena coa celebración da XXV Rota do Románico e a XIX Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Segundo explicaron o concejal César Rodríguez e a coordinadora das xornadas do románico, Flora Enríquez, estas dúas citas co viño e co patrimonio serán coincidentes durante a primeira fin de semana de xuño, aínda que os actos culturais relativos ó románico comezarán o 19 de maio e se prolongarán ata o 8 de xuño.

Flora Enríquez, coordinadora das xornadas da XXV Rota do Románico de Pantón, e o concelleiro César Rodríguez, durante a presentación do evento cultural e da XIX Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón. EC.

CONFERENCIAS, EXPOSICIÓNS, MÚSICA E SENDEIRISMO EN TORNO Ó ROMÁNICO, XOIA DE PANTÓN

A singularidade e abundancia dos monumentos románicos emplazados no municipio de Pantón, feito único en Galicia, xustifica un cuarto de século de celebración da Rota do Románico neste concello da Ribeira Sacra. Este ano, os actos comezarán o sábado 19 de maio, cunha ruta de sendeirismo temático baixo a denominación “Fidalguía, historia e natureza”, que saldrá da Praza do Concello ás 9,30 horas e percorrerá Ferreira, Serode, Casandiño, Tanquián e Maside. Xa pola tarde, o Salón de Actos do Concello acollerá a presentación do libro “Trabajo y felicidad”, de Ricardo Gómez Rodríguez, master en Dirección de Empresas e Intelixencia Emocional. O venres 25 de maio continuarán as celebracións, cunha conferencia titulada “Os cruceiros galegos: símbolo da arte e da devoción popular”, a cargo de Fernando Arribas Arias, diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica e licenciado en Humanidades. A conferencia terá lugar ás 20 horas no Salón de Actos do Concello. A igrexa do Convento das Bernardas será o escenario para o desenvolvemento do acto que baixo o título “Sinfonía no Mosteiro” misturará poesía, historia e música, nunha singular aposta creativa que se poderá disfrutar o domingo 27 de maio a partir das 19 horas. Xa o venres 1 de xuño, e coincidindo co comezo da Mostra de Viños, terá lugar pola tarde a presentación do libro “Cuaderno del Románico de la Ribeira Sacra”, do historiador Francisco Ruiz Aldereguía, que falará sobre a súa obra no Salón de Actos do Concello a partir das 20 horas. Ese mesmo día, no Edificio Multiusos inaugurarase ás 21, 30 horas a exposición “Pantón. XXV Anos da Rota do Románico”. A última das xornadas lúdico-culturais en torno ó románico de Pantón celebrarase o venres 8 de xuño. José Antonio López Sabatel, licenciado en Historia, educador e investigador, disertará sobre “La situación del campesinado en la Ribeira Sacra bajo la jurisdicción monástica (s.XIII-XV)”, a partir das 20 horas no Salón de Actos do Concello.

LUCÍA PÉREZ ACTUARÁ EN PANTÓN, E O ACTOR DA TVG ERNESTO CHAO SERÁ O PREGOEIRO

Os actos da XIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón abriránse o sábado 2 de xuño coa XII Carreira Popular da Rota do Románico, puntuable para o Circuito Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2012). A inauguración oficial da Mostra terá lugar pola tarde, ás 20 horas, coa presencia de Tomás Fernández-Couto Juanas, secretario xeral de Medio Rural e Montes. A xornada rematará coa verbena popular a partir das 23 horas, e a actuación estelar da cantante lucense e representante de España na pasada edición de Eurovisión Lucía Pérez. O domingo 3 de xuño continuarán os actos previstos da Mostra de Viños de Pantón, cun pasacalles a partir das 11 horas pola banda de gaitas O Castro, e recepción de autoridades na Casa do Concello. Ás 13 horas celebrarase a misa no Salón de Actos do Edificio Sociocultural, que dará paso ás 13,30 á lectura do pregón no Campo da Feira, a cargo do actor da TVG Ernesto Chao. A música porá o peche da xornada, cun concerto da banda de gaitas ás 18 horas, e unha festa popular a partir das 20 horas coa orquestra Poceiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte, capital das tapas

Seguinte Nova

Renfe reduce os gastos de xestión pola compra de billetes por Internet

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss