Dinamización local, ocio gastronómico, premios e novidades no Cume Tapas 2012
Monforte presume de tapeo, e está a traballar por expandir os seus dominios gastronómicos máis aló das súas fronteiras, chamando á xente un ano máis a través do Cume Tapas. Este evento acada a súa cuarta edición, incorporando importantes novidades que foron explicadas polo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, Cheché Real, durante o acto de presentación celebrado en Monforte o día 11 de maio. O Cume Tapas, que comezou o 16 e se extenderá ata o día 27 deste mes.
CONCURSO DE GIN TONIC EN DUQUESA, E DESCONTOS EN HOTEIS DURANTE O CUME TAPAS
O responsable da organización comentou que o concurso contará coa participación de 34 locais, e ademáis haberá un concurso do mellor gin tonic entre sete pubs da rúa Duquesa, que terán consumicións a 5€ dende as 00,00 horas ata o peche dos locais. Asimesmo, dez hoteis e establecementos de turismo rural da comarca colaboran por primeira vez nesta edición ofrecendo tarifas especias por pernoctación aos participantes no Cume Tapas. Os locais participantes no concurso son Adega do Carlos, Agarimo, Bar do Lechu, Bodegón Ribeira Sacra, Campo de Golf Río Cabe, O Cantón de Bailén, Casa Carballo, Casablanca, Cervecería Cork, Cervecería Mulligan’s, Compañía, El Convento, Cristal, O Gato Negro, Los Goya, O Grelo, Holiday, Hostal Riosol, Katanga, Lienzo, A Meiga, Oasis, Parador Nacional de Turismo, Pica Tapa, O Pientiña, O Pincho, Plaza, Rabeno, San Marino, Santorini, La Taberna de Baco, Tapería Centro do Viño, A Troula e Vinoteca Sapiens. Os pubs colaboradores son Alambix, Área 51, Goultier, Hatabendro, Magma, Pra e Vagalume. Os hoteis colaboradores son Casa Felisa, Casa Maite, Casa Reboiro, Mogay, Molinos de Antero, Oca Augas Santas Balneario &Golf Resort, Palacio de Sober, Parador de Turismo, Puente Romano e Hotel Ribeira Sacra.
ISABEL BLANCO, MADRIÑA DO IV CUME TAPAS DE MONFORTE
Cheché Real presentou tamén ó rostro de promoción desta IV edición do Cume Tapas, a actriz e presentadora da TVG Isabel Blanco. A famosa coprotagonista da lexendaria serie da Televisión de Galicia “Mareas vivas” lembrou, como filla de emigrantes en Suiza, a importancia que a gastronomía sempre tivo como elemento de identidade para os galegos que vivían fóra da nosa terra. Isabel Blanco agradeceu a invitación dos organizadores para amadriñar este evento en Monforte, e suliñou que “a moi boa materia prima” da zona garantiza que eventos como o Cume Tapas “sermpre serán un éxito para a promoción de Monforte”. A madriña deste Cume Tapas arrincou o aplauso dos presentes ao confesar con simpatía que, aínda que trataría de probar as tapas presentadas a concurso, resultaba “moi duro vivir en Galicia e, como actriz, ter que manterse na talla 36”.
GASTRONOMÍA E VIÑO COMO MOTOR DA ECONOMÍA LOCAL A TRAVÉS DO TURISMO
Pola súa parte, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, destacou o compromiso da institución provincial no apoio económico á celebración deste tipo de eventos, “xa que dinamizan a economía local”, e poñen en valor a gastronomía, “elemento que, según diversos estudios, constitúe o verdadeiro motor do turismo local e de interior”. Asimesmo, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou que na Ribeira Sacra, “o factor diferencial é o turismo gastronómico e enolóxico”, e reivindicou “a necesidade de que a comarca aproveite a crecente demanda existente. Deste xeito, Arias calificou ao Cume Tapas de “xustificación perfecta para achegarse a Monforte e arrincar dende aquí un percorrido pola maxia da Ribeira Sacra”. Pola súa parte, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, destacou a “enorme importancia” do sector da hostelería na cidade, e logo de ofrecer “todo o apoio posible” por parte do Concello, animou a todos “a seguir traballando nesta dirección, xa que a gastronomía e o viño son os elementos máis importantes, agora mesmo, para crear riqueza e emprego na vila”.