A Deputación de Lugo situará 90 sinais en todos os accesos a Terras do Miño e Os Ancares con fondos dun convenio co Ministerio de Medio Ambiente que o actual Goberno central non reeditará. A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación desta iniciativa, dotada de 100.000 euros, cofinanciados nun 70% polo Goberno central e nun 30% pola institución provincial. Esta iniciativa implica actuacións de sinalización nun total de 29 concellos das distintas cores políticas, xa que, según os responsables provinciais, “fronte ós lamentos pola crise do Goberno galego como pretexto para non facer nada, a Deputación segue a actuar para xerar riqueza na provincia, reiventándose e buscando alternativas, como este proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, dirixido a responsables das Reservas da Biosfera e cuxos fondos, 1 millón de euros, foron concedidos polo anterior Goberno central”.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Xunta vén de declarar a emerxencia cinexética temporal pola presenza e os danos ocasionados polo
O aceite de Quiroga volverá recorrer España -e xa por cuarta vez- coa volta ciclista, La
O Concello de Sober acomete obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
No ano 1998 creouse entre a comarca de Sarria e a comuna de Guerlédan, situada na