A Xunta adianta ós concellos de Lugo os anticipos das axudas para servizos sociais comunitarios

A Xunta ven de comunicar o pago ós 67 concellos da provincia de Lugo dos anticipos correspondentes ás axudas destinadas a financiar os servizos sociais comunitarios. Segundo explicaron os responsables da delegación territorial da Xunta en Lugo, os concellos están a recibir estas partidas con máis cinco meses de adianto con respecto ao ano anterior, cando o pago dos anticipos se realizou en outubro.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a súa intervención explicando o decreto de Servizos Sociais. Arquivo EC.

O NOVO DECRETO DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS PERMITE ESTE ADIANTO NO PAGO

Asimesmo, explicaron que esta axilización de parte do financiamento, que na provincia de Lugo ascende a preto de 2,5 millóns de euros (2.473.806,19 euros), e en Galicia acada os 12,4 millóns de euros, prodúcese grazas ao novo decreto de servizos sociais comunitarios posto en marcha pola Xunta, no que se establecía o pago nos primeiros meses do ano por estes conceptos.

PAGO DO SAF BÁSICO E PERSOAL TÉCNICO ENSERVIZOS SOCIAIS EN CONCELLOS DE MÁIS DE 20.000 HABITANTES, E MANTEMENTO DOS TRABALLADORES SOCIAIS EN TODOS OS MUNICIPIOS

Dende a delegación territorial da Xunta en Lugo indicaron que os conceptos que se financian correspóndense a adiantos dos conceptos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), básico para os concellos de máis de 20.000 habitantes; á subvención para o mantemento dos traballadores sociais de todos os concellos, así como para o persoal técnico destes servizos nos concellos de máis de 20.000 habitantes. Ademais, tamén se executou o primeiro pago correspondente ao servizo de axuda no fogar de dependencia.

CÁLCULO DOS IMPORTES ADIANTADOS A CADA CONCELLO NOS DIVERSOS CONCEPTOS

Para calcular os adiantos a percibir por cada concello, tívose en conta o financiamento recibido o ano anterior polos conceptos de SAF básico e por traballadores sociais e outro persoal técnico; mentres que para o SAF dependencia estimouse grazas a unha nova aplicación informática na que se coñece o número de usuarios durante o primeiro trimestre e as horas de atención prestadas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Banco de Terras de Galicia recibe máis de 600 solicitudes de arrendamento

Seguinte Nova

Monforte acolleu un curso da CEL sobre o uso do Equipo de Protección Individual no traballo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss